Lingua viperina, penso. Muller infame. Aras nas miñas costas sucos, profundos, e sementas unha pesadume que xa non é aturable, e ti sábelo. Labras o meu destino, turras por min, e eu desfalezo, e ti segues e segues, e segues. Cando morra (se é que morro), seguirás apuxar do meu cadáver, deixando crebar os meus ósos contra o grixo, desintegrándome nun ciclo que non remata. Tortura absoluta, persistente, infinita. Lingua viperina, muller infame, prégocho, déixame agoniar nunha cuneta. Deixa que a xeada cubra, esgace a miña pel!
Mostrando entradas con la etiqueta Descoñecido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Descoñecido. Mostrar todas las entradas
jueves, 3 de febrero de 2011
sábado, 15 de enero de 2011
Visións III
Querería esvaír na néboa, porque os soños abortaron nas miñas tempas. Nunca o imaxinara, pero pasou. Fuxiches e agora a existencia é baleiro absoluto. Tento inutilmente zafar do meu fado, mais é imposible. Vivo arrodeado de autómatas, robots inertes que cravan as súas miradas no meu cerebro, e eu agardo, agardo un milagre que xamais vai vir. Denantes era home, vida, esperanza, mais hoxe, hoxe podo dicir que estou morto, murcho, gris. Só me queda, agardar, chantado nesta terra inhóspita a que o mundo, Eu, rebeldía, desapareza e comigo vós.
Etiquetas:
Descoñecido,
Soidade,
Tristura
jueves, 30 de septiembre de 2010
(mais non podo)
Sempre
E
M
P
R
E
Quixen
U
I
X
E
N
Voar
Oír
Amar
Rir
Lonxe
O
N
Xogar
Esquecer...
Etiquetas:
Descoñecido,
poema estúpido,
Visións
?
Ás veces, na miña cabeza, sucédense labirintos de ideas envurulladas que me atordan; que me abafan. E é que ás veces, ás veces, penso.
Etiquetas:
Descoñecido,
Non sei,
Visións
viernes, 11 de junio de 2010
Visións II
Sento, senlleiro, embriagado, arrodeado dun exército de ollos bébedos que me fitan. Quixera saír, fuxir deste remuíño de vida, deste ar de alcol e fume que non me deixa nin respirar. Torzo o vaso, miro os xeos. Non! Tíroo ao chan e miro ao meu redor, os cristais cobren o chan. Písoos, sinto o seu crebar, coma gretas, nos meus tímpanos.
Eles, eles son a causa de todos os meus males. Eles puxaron por min. E eu, EU deixeime levar e agora vivo atormentado, fixado a esta cadeira, escoitando verbas inconexas que me estralan o corazón... Pero sei todo ha cambiar, as súas varas deixaran de me fustrigar. Non quero seguir murchando neste tugurio, deixando caer as horas sobre o meu corpo.
Si, hoxe hei de alzar o meu corpo ao ceo, camiñarei entre as nubes. Finarei se fai falla. Porque hoxe, HOXE hei de me rebelar!
Etiquetas:
Descoñecido,
Desesperanza,
Impotencia,
Microrrelato,
Visións
jueves, 10 de junio de 2010
Visións I
"...Sur l'onde calme et noire où dorment les étoiles
La blanche Ophélia flotte comme un grand lys,
Flotte très lentement, couchée en ses longs voiles...
- On entend dans les bois lointains des hallalis..."
A. Rimbaud
Espertou, soa, na cama. Tiña os brazos estendidos e as pernas abertas. Núa. Sentía sono. Ollaba ás catro paredes da súa habitación gris. Ela pensaba nese día, todo sería distinto. Tiña ganas de saír á rúa e vivir. Sentíase plena, Ceiba, cada vez menos ancorada a ese mundo seu, inzadode penumbra.
O certo e que sufriu, por ti sobre todo. E é certo tamén que se torturou, cravouse as unllas nas fazulas e berrou. Agoniaba polos cuartos do piso, xa non podía nin respirar. Pero co tempo foi desabafando e acougou. Custoulle, pero acougou.
Deciciu erguerse. Estricouse, bocexaba. Non almorzaría, provocáballe náuseas. Tomou un pouco de chocolate. Atravesou o corredor, abriu a porta e entrou ao baño, branco. Abriu a billa da bañeira, e deixou correr a auga fría.
Realmente, sentía un peso insoportable nos ombreiros. Colleu o cepillo, o dentífrico, e cepillou os dentes. Gustáballe que a lingua lle proera, mordela. Gardou todo e meteuno na bañeira. Sentíase soia nun mar de baldosas. Camiñou descalza e meteuse na bañeira.
Volveu notar ese peso, coma un penedo. Puxaba dela. Abaixo. Mantivo o seu corpo en tensión, cada músculo, tentouno, tentou aboiar. Pero afundía e, con ela, todo seu mundo. Soa.
Mergullada, abriu os ollos, mantívoos moi abertos. Vía unhas luces moi difusas arrodeándoa. Ela decidira que aquel día sería diferente. Ela, Ofelia.
Etiquetas:
Descoñecido,
Microrrelato,
Soidade,
Tristura,
Visións
Espello
O outro día vin a un mozo fraco, triste, senlleiro. Paseaba cun can. Só. Vagaba polos escuros corredores desta cidade, crebada pola xeometría inerte. Pensaba, cavilaba sobre a súa vida, a rutina que lle zorregaba nas costas. Si, e canto máis o facía, máis morría. Podrecía dende dentro, queimábase. O tempo estragárao, botárao polo sumidoiro.
Somentes se deixaba levar polo can que turraba e turraba cara ao seu destino. Non tentaba paralo, Non. E o can corría, corría. E el caía, e a grava rascáballe os nocellos. Sangraba. As imaxes sucedíanse no seu cerebro, nos seus ollos, ía estourar.
Pero que parou, e cando o fixo ese home, ese home caEU.
Etiquetas:
Descoñecido,
Espello,
Microrrelato,
Soidade
viernes, 4 de junio de 2010
Derradeiras verbas
Si, o tempo desfíxome. O traballo. E ti. Os segundos as horas, alfinetes que se me cravan baixo as unllas, e non xemo, só calo. E aturo. Aturo unha carga demasiado pesada para un home feble coma min. Pero sei que hoxe hei de acougar. Quero sentir o vento, a liberdade.
Ti, ti desfixéchesme, afundiches as túas unllas nas miñas fazulas. Magóaschesme. Aínda que estás lonxe de min, segues a torturarme. Sei que irás acabando comigo, paseniño, ata que de min quede unicamente po. Non me resignarei a iso, a ser un vello encrequenado ancorado a unha muller que me chucha o sangue. NON vou a esperar á miña morte!
En fin, ao fin e ao cabo, non importo nada a ninguén. Nada. Perante a min as ondas, as rochas, o solpor. É neste momento cando sei que podo tomar as miñas decisións. SI, fareino, desfareime desta rocha que me oprime o peito. Río.
Nu. Libre, ledo. Inspiro a plenitude deste ar de salitre. Alá abaixo, a escuma. EU, eu, por Deus, EU! Rematarei coma empecei. SÓ. Mergúllome nos meus pensamentos, acordanzas. Dou un paso cara o abismo...
Etiquetas:
Descoñecido,
relato