jueves, 3 de febrero de 2011

Visións IV

Lingua viperina, penso. Muller infame. Aras nas miñas costas sucos, profundos, e sementas unha pesadume que xa non é aturable, e ti sábelo. Labras o meu destino, turras por min, e eu desfalezo, e ti segues e segues, e segues. Cando morra (se é que morro), seguirás apuxar do meu cadáver, deixando crebar os meus ósos contra o grixo, desintegrándome nun ciclo que non remata. Tortura absoluta, persistente, infinita. Lingua viperina, muller infame, prégocho, déixame agoniar nunha cuneta. Deixa que a xeada cubra, esgace a miña pel!
 

(c)2010 Confesións de papel. Blogger Templates deseñado por Deluxe Templates